Aínda que o centro de Santiago de Compostela é fácil de percorrer pé, se queres moverche pola cidade rapidamente ou chegar a zonas máis afastadas, poderás facelo facilmente grazas ás liñas de autobús de TUSSA (Transporte Urbano Santiago de Compostela S.A.). 

O billete ordinario custa 1€/ viaxe, aínda que tamén existe a opción de sacar un bono de 10, 20 e 30 viaxes cun prezo de 0’60€/viaxe. Este bono inclúe o transbordo gratuíto nun prazo de 60 minutos e entre dúas liñas distintas do transporte urbano. O bono mensual, pola súa banda, permite realizar viaxes ilimitadas durante 30 días naturais a partir da primeira viaxe, cun prezo de 26€.

Tanto os billetes como os bonos pódense adquirir nos propios autobuses. No caso do bono, ademais de pagar o importe correspondente á recarga de viaxes, é preciso pagar unha fianza de 3 euros que se reembolsará ao devolver a tarxeta a condición de que estea en bo estado de uso e conservación.

Para máis información sobre as liñas de  TUSSA, consulta a súa páxina web.

Para ir a outras cidades, podes optar por coller o autobús ou o tren. Os prezos varían dependendo do medio de transporte elixido e da distancia á que queiras viaxar.