Deportes

En ESN tamén sabemos a importancia do deporte, así que tamén vos prepararemos actividades deportivas: fútbol, baloncesto, voleibol, roteiros... A única escusa para non manterse en forma é a falta de ganas!

Festas

Outra dos costumes máis famosos de España son as festas. Din que as festas españolas son moi boas. Os Mércores son o día da festa Erasmus en Santiago de Compostela. Atrevédesvos a comprobar se é verdade? Se é así, seguro que gozaredes con todas as festas que imos organizar para vós este curso.

Tándem

Gustaríache practicar español, inglés ou alemán? Tal vez aprender polaco? Temos a actividade perfecta para ti! Todas as semanas quedaremos nun bar para tomar algo, coñecernos e falar nun ambiente tranquilo e agradable para poder practicar.