Título a mostrar
RESUMO DO PRIMEIRO CUATRIMESTRE

Esta semana comezamos o mes de decembro, e aínda que é un mes de celebración, tamén é un mes de preparación para todo o que vén en xaneiro.

Por iso, que mellor maneira de despedir o 2021 que cun repaso das actividades que fixemos este cuatrimestre!

 

Se miramos cara eses primeiros días de setembro (aqueles nos que non chovía en Santiago), aínda non coñecíamos a cidade e fumos visitala a través dos tours polo centro e a gincana intercultural, correndo de punta a punta polo centro histórico mentres probamos comida típica ou preguntábamos aos peregrinos que pasaban por alí se nos sabían dicir algún trabalinguas. Tampouco podemos esquecernos daqueles partidos de volley no campo de Fonseca. E o chegar a noite, sempre saímos a algunha festa, ou incluso de tapas, a comer e a pasar un bo rato.

Neste mes tamén puidemos viaxar a Fisterra, para coñecer un dos sitios máis impresionantes da costa galega.

 

Logo chegou outubro, que comezou co viaxe a Lugo e a Praia das Catedrais, onde incluso  a tele nos veu visitar! Neste mes hai que dicir que nolo pasamos moi ben e fixemos de todo, dende probar pratos típicos galegos no seu a desfrutar dunha festa de reggaeton. Por suposto, sen deixar de viaxar, xa que tamén fumos a Asturias e desfrutamos da incrible cidade de Oviedo. Antes de rematar o mes, ainda tivemos tempo de  facer unha gran festa para celebrar o Samaín da mellor maneira posible.

Despois chegou Novembro, mes no cal aprendimos moitas cousas, como a mellorar a nosa saúde e coidar o medio ambiente. Neste mes viaxamos a Salamanca e reivindicamos os dereitos da muller na semana do 25N. Tamén desfrutamos dos torneos de volley e fútbol, onde demostramos canto melloramos dende aquel soleado día de setembro.

 

E así, chegamos ao mes de decembro, no que despedimos o ano ca viaxe máis incrible de todas. Lisboa. Ademáis, nuns días cearemos todos xuntos para despedir da mellor maneira este 2021.

 

Agora, nestas datas que se achegan, prepararemos todo para que este 2022 sexa o mellor ano de todos, e que podamos  desfrutar tanto ou máis que neste 2021.

Foto tomada na viaxe a A Coruña + Surf Day