Erasmus  Student  Network ( ESN) é unha asociación sen ánimo de lucro formada por estudantes universitarios que traballa para a axuda e o desenvolvemento do intercambio de estudantes. Fundada en 1989, hoxe en día é unha das maiores asociacións interdisciplinarias en Europa. Estamos presentes en 520 institucións de 42 países.

ESN traballa e coopera coas Universidades:

  • Ofrecendo servizos a 300.000 estudantes.
  • Baseada principalmente no voluntariado.
  • Cunha media crecente anual de 12,3% desde 1990.

Como asociación,  ESN funciona en tres niveles: Local, Nacional e Internacional. Os nosos voluntarios traballan coa intención de crear unha contorna educativa máis móbil e flexible, apoiando e desenvolvendo o intercambio de estudantes de diferentes niveles, e proporcionando unha experiencia intercultural tamén a aqueles estudantes que non poden acceder a un período no estranxeiro ("internacionalización na casa").