O Programa Buddy (Buddy Program) é un proxecto que reforza un dos nosos valores fundamentais: “estudantes axudando a estudantes”.

Un Erasmus é unha experiencia moi bonita, pero ao chegar a un país novo e descoñecido podemos sentirnos un pouco perdidos.

Con este programa asignarémosvos un Buddy que vos axudará a integrarvos aos poucos en Santiago de Compostela, ensinándovos a nosa cultura,  as nosas expresións, etc., e axundándoos con calquera problema ou dúbida que teñades desde antes de chegar.