Galicia, no noroeste da península Ibérica, é unha comunidade autónoma cun clima moi diferente ao que normalmente pensamos de España: aquí chove, e moito. Pero, grazas a iso, as paisaxes que temos son únicas: montañas moi verdes e moita natureza, sen esquecernos das nosas preciosas praias. Tamén temos unha cultura propia, un idioma propio e unha gastronomía exquisita.