Banner

Formulario de rexistro

 

Información

No marco do Ano Europeo da Xuventude, anunciado pola presidenta da Comisión Europea no segundo semestre de 2021, e subliñando que Europa necesita "a visión, o compromiso e a participación de todos os mozos para construír un futuro mellor, máis verde e máis inclusivo e dixital” ESN Santiago de Compostela organizará o congreso: Ano Europeo da Xuventude 2022, que se celebrará o 6 de maio en Santiago de Compostela, no Pazo de Fonseca.

O principal obxectivo deste congreso é dar a coñecer á mocidade universitaria galega as iniciativas desenvolvidas pola UE no ámbito deste marco inclusivo, sostible e dixital.

Diferentes actores locais, rexionais, nacionais e comunitarios estarán presentes para presentar esta iniciativa, escoitar aos mozos e crear debate sobre temas que están directamente relacionados (empregabilidade, inclusión social, sustentabilidade) pero nos que non teñen o suficiente poder na toma de decisión

A organización deste evento porá en valor as oportunidades que teñen os mozos no proxecto europeo. Centrarase nos intercambios, prácticas, beneficios e dereitos aos que poden asistir os mozos de Europa.

Con esta proposta, ESN Santiago de Compostela pretende darlle á mocidade máis e mellores oportunidades de futuro, honrar e apoiar a unha das xeracións que máis sacrificios tivo que facer durante a pandemia, dándolles nova esperanza, forza e confianza no futuro.

 

A continuación tamén escribo a estrutura que terá o congreso, que xirará arredor de tres eixos principais:

 

  • Mesa de debate 1: Xuventude e mobilidade internacional

A primeira mesa redonda terá como obxectivo promover intercambios cos formatos Erasmus+, Convenio Bilateral e Séneca entre os estudantes galegos, contando coa inestimable participación da Vicerreitoría de Internacionalización das Universidade de Santiago de Compostela, Vigo, A Coruña e Oviedo. O público terá a oportunidade de falar con estes axentes, facer preguntas e facer suxerencias sobre como mellorar a experiencia, tanto ex ante como ex post.

 

  • Mesa de debate 2: Xuventude e institucións europeas

Continuará unha charla informativa sobre o Ano Europeo da Xuventude, na que axentes de relevancia europea, como Nicolás González Casares (eurodeputado do PSOE), Ana Miranda (representante do BNG no Parlamento Europeo) e Alberto Escobar (xefe de gabinete do eurodeputado Francisco MIllán Mon) qexplicarán as liñas principais desta proposta liderada pola Comisión Europea e o Parlamento Europeo e como pode afectar esta iniciativa ao día a día da mocidade europea, e polo tanto galega. 

A charla irá seguida dunha mesa redonda na que os mozos e mozas poderán plantexar as súas dúbidas sobre o proxecto europeo e as iniciativas propostas desde Bruxelas, para que expertos na materia resolvan todas as inquedanzas dos estudantes. O resultado esperado deste debate é que as entidades que asistan sexan capaces de incluír estas inquietudes, opinións, visións e valores dos mozos no seu proceso de toma de decisións.

 

  • Mesa de debate 3: Xuventude e oportunidades na UE

Por último, unha charla sobre as oportunidades da mocidade en materia de cultura, mobilidade, formación, prácticas e traballo na Unión Europea. Actores con experiencia nestes campos serán os encargados de pór sobre a mesa estas actividades, mostrando así o potencial moitas veces descoñecido do que gozan os mozos galegos. Pilar Tamerón de Xuventude, Covadonga López de EURES, representantes de Europe DIrect A Coruña e Lucía Castiñeiras, de Equipo Europa, presentarán  máis iniciativas  europeas co obxectivo de empoderar aos estudantes e demostrar a cantidade de oportunidades que teñen na Unión Europea.


Programa

Programa Evento AEX

 

Ponentes

Maria Jose Lopez Couso
María José López Couso
Vicerreitora de Titulacións e Captación Internacional da USC
Cristina Pichel Toimil
Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado
Rubén Prol Mariño
Rubén Prol Mariño
Concelleiro de Educación, Mocidade e Políticas Lingüística
Karan Novo
Karan Novo
Membro de ESN Santiago de Compostela e Coordinador do Evento
Jesús Daniel Santos Rodríguez
Jesús Daniel Santos Rodríguez
Vicerreitor de Internacionalización da Universidade de Oviedo
María Isabel Doval Ruiz
María Isabel Doval Ruiz
Vicerreitora de Internacionalización da Universidade de Vigo
Evaristo Zas Gómez
Evaristo Zas Gómez
Director da Oficina de Relacións Institucionais da Universidade da Coruña
Juanma Hita
Juanma Hita
Education Officer de Erasmus Student Network España
Nicolás González Casarel
Nicolás González Casares
Membro do Parlamento Europeo polo Partido Socialista
Alberto Escobar Rivas
Alberto Escobar Rivas
Xefe de Gabinete do eurodeputado do PP Francisco Millán Mon
Ana Miranda Paz
Ana Miranda Paz
Representante do BNG no Parlamento Europeo
Lucía Castiñeiras Ramos
Lucía Castiñeiras Ramos
Delegada de acción Equipo Europa Galicia
María Cristina Couto Palla
María Cristina Couto Palla
Directora de EUROPE DIRECT A Coruña
Pilar Tamerón
Pilar Tamerón
Responsable do CES na Dirección Xeral de Xuventude da Xunta
Belén Mendoza Chandas
Belén Mendoza Chandas
Directora de Proxectos Europeos da Cámara de Comercio de Santiago
Covadonga López López
Covadonga López López
Conselleira de EURES Galicia

Fundas oficiales de ESN Santiago de Compostela

Gracias a esta colaboración con MovilGalicia, ya puedes tener las fundas oficiales de ESN Santiago de Compostela disponibles para todos los modelos de smartphone.

Si quieres saber más al respecto, haz click en las fundas.