Xa está aquí o último blog deste ano e como non, ímolo adicar ás tradicións galegas!
No mes de outubro falámosvos de Halloween ou, como o chamamos aquí, Samaín. Esta tradición ten orixe celta, o seu nome provén do gaélico e significa fin do verán. Este era o fin de ano celta e o momento no que se cría que se xuntaban o mundo dos vivos e o dos mortos.
No Samaín hay diferentes tradicións, como que os nenos se disfracen e pidan castañas polas casas, utilizar a cabaza de máscara ou non recoller os pratos da cea para que os mortos saian a comer. Nestas datas temos outras costumes importantes relacionadas co Nadal.
Estas datas son a tradición máis importante e arraigada na nosa cultura. O Nadal ten orixe católico, onde os primeiros católicos celebraban o nacemento de Cristo, posto que coincidía cunha tradición laica dos romanos. Na actualidade perdeu ese significado relixioso e é unha época de celebrar coa familia, reunirse cos que viven lonxe e acodarse dos que xa non están.
Unha figura mítica do Nadal é o Apalpador ou Pandingueiro. Trátase dun carboeiro que visita aos nenos as noites do 24 e 31 de decembro e tócalles a barriga para comprobar que comesen suficiente ao longo do ano. Trae consigo castañas e algún que outro agasallo. Os máis pequenos da casa tamén adoitan recibir agasallos dos Reis Magos o 6 de xaneiro, este día só o celebramos en España, e simboliza a chegada dos Reis Magos de Oriente. A véspera deste día as rúas énchense de nenos e maiores recollendo os caramelos que lanzan dende as cabalgatas dos reis.
Tamén e moi importante a gastronomía. Aquí, como xa saberedes, adoitamos festexar sempre con comida. Nestas datas xuntámonos coa familia para xantar ou cear o típico bacalao con coliflor, polo ao forno, marisco, turrón, mazapáns, … e logo, sobre todo en fin de ano, saímos a tomar algo cos amigos.
Esperamos que aprendésedes moito das nosas tradicións, disfrutárades da nosa cultura e o pasárades moi ben cos nosos eventos. Isto só é comezo de todo o que nos espera o próximo semestre!
Dende ESN Santiago de Compostela desexámosvos felices festas e próspero aninovo! E moita sorte nos exames!