Primeiro de todo. Feliz ano 2022! Dende ESN desexámosvos que neste novo ano que dá comezo desfrutedes de moitas aventuras e que se cumpran os vosos desexos.
E que mellor maneira de comezar un novo ano, e un novo cuatrimestre, que ensinándovos como funcionamos a través dos nosos comités! Hoxe, presentámosvos tres dos nosos seis maravillosos comités: Social, Cultural e Viaxes.
O comité social intenta que as nosas actividades teñan un impacto positivo na sociedade na que vivimos e trata de descubrirnos como podemos aprender a ser mellores cidadáns e axudar aos nosos veciños e amigos. Ademáis de todo esto, grazas ás persoas voluntarias que traballan neste comité podemos disfrutar de tardes moi divertidas grazas a xogos como a Gymkhana intercultural e o Lecer Inclusivo, no que aprendemos diferentes actividades lúdicas dende un punto de vista inclusivo e saudábel.
Falando de actividades interculturais, non nos podemos esquecer neste artigo do comité cultural, que busca que todos descubramos como son as tradicións e a cultura de Galicia a través de diferentes actividades como os tándems, que ademáis de descubrirnos diferentes datos curiosos de Galicia, permiten coñecernos entre todos nós mentras desfrutamos dun refresco na tarde-noite compostelá. Pero non soamente iso, senón que tamén grazas as persoas que colaboran neste comite, podemos de desfrutar de relaxantes rutas de senderismo e de rutas pola cidade de Santiago que nos permiten coñecer segredos que só os membros deste comité coñecen.
Por se descubrir novos lugares de Galicia non fora pouco, o comité de viaxes pásase o cuatrimestre facéndonos desfrutar de lugares variopintos, como no caso do semestre que xa rematamos ao redor da Península Ibérica. No pasado ano visitamos lugares máxicos de Galicia, descubrimos a maxia da Praia das Catedrais, desfrutamos das vides da Ribeira Sacra, visitamos Salamanca e coñecimos a súa lonxeva historia, e até en 2 ocasións visitamos dúas das cidades máis coñecidas do país do fado..
Esperamos habervos contaxiado a maxia dos nosos comités a través destas liñas e desexámosvos un ano cheo de actividades e viaxes para que desfrutedes xunto con nós!