Desde ESN Santiago de Compostela desexámosvos moita sorte cos exames e moito ánimo para estudar. Por isto, que mellor maneira de facer un descanso das tardes de estudo que descrubindo os outros tres comités que nos faltaban: lúdico, deportes e ComCom.
Lúdico é o encargado de organizar as maravillosas festas nas que sempre o pasamos tan ben. Este semestre puidemos descubrir os sitios máis míticos de Santiago para saír con festas temáticas, como a do Samaín, a festa hawaiana ou a noite de casino. Pero non todo é festa, tamén fomos de ruta de tapas, aprendemos a facer queimada, descubrimos talentos ocultos nas noites de karaoke e mesmo houbo quen atopou o amor coas nosas citas a cegas.
Despois de tanto saír e comer, menos mal que temos ao comité de deportes que se encarga de que non perdamos a forma física. Os voluntarios deste comité organizan cada semana torneos e sesións de diferentes deportes como vóleibol, ping-pong, fútbol, ioga, … Tamén puidemos disfrutar dunha xornada de xogos tradicionais. Cabe destacar o bo ambiente que sempre hai nestas actividades e a amizade que se crea entre os participantes.
Por último temos o comité de comunicación, máis coñecido como ComCom. Os seus voluntarios son os encargados de promocionar os eventos nas nosas redes sociais, así como respostar a calquera dúbida que poidades ter. Ademáis de contarvos os feitos máis relevantes do semestre neste blog, tamén vos animámos a escoitar o noso podcast “Destino Erasmus” e pasarvos polo canal de “Erasmus TV”.
Aquí remata a presentación dos nosos comités. Esperamos vervos a todos nas actividades deste próximo semestre. Comezamos a semana que ven cunha chea de actividades para que vos vaiades coñecendo!