Formulario de rexistro
Información
No marco do Ano Europeo da Xuventude, anunciado pola presidenta da Comisión Europea no segundo semestre de 2021, e subliñando que Europa necesita "a visión, o compromiso e a participación de todos os mozos para construír un futuro mellor, máis verde e máis inclusivo e dixital” ESN Santiago de Compostela organizará o congreso: Ano Europeo da Xuventude 2022, que se celebrará o 6 de maio en Santiago de Compostela, no Pazo de Fonseca.
O principal obxectivo deste congreso é dar a coñecer á mocidade universitaria galega as iniciativas desenvolvidas pola UE no ámbito deste marco inclusivo, sostible e dixital.
Diferentes actores locais, rexionais, nacionais e comunitarios estarán presentes para presentar esta iniciativa, escoitar aos mozos e crear debate sobre temas que están directamente relacionados (empregabilidade, inclusión social, sustentabilidade) pero nos que non teñen o suficiente poder na toma de decisión
A organización deste evento porá en valor as oportunidades que teñen os mozos no proxecto europeo. Centrarase nos intercambios, prácticas, beneficios e dereitos aos que poden asistir os mozos de Europa.
Con esta proposta, ESN Santiago de Compostela pretende darlle á mocidade máis e mellores oportunidades de futuro, honrar e apoiar a unha das xeracións que máis sacrificios tivo que facer durante a pandemia, dándolles nova esperanza, forza e confianza no futuro.
A continuación tamén escribo a estrutura que terá o congreso, que xirará arredor de tres eixos principais:
- Mesa de debate 1: Xuventude e mobilidade internacional
A primeira mesa redonda terá como obxectivo promover intercambios cos formatos Erasmus+, Convenio Bilateral e Séneca entre os estudantes galegos, contando coa inestimable participación da Vicerreitoría de Internacionalización das Universidade de Santiago de Compostela, Vigo, A Coruña e Oviedo. O público terá a oportunidade de falar con estes axentes, facer preguntas e facer suxerencias sobre como mellorar a experiencia, tanto ex ante como ex post.
- Mesa de debate 2: Xuventude e institucións europeas
Continuará unha charla informativa sobre o Ano Europeo da Xuventude, na que axentes de relevancia europea, como Nicolás González Casares (eurodeputado do PSOE), Ana Miranda (representante do BNG no Parlamento Europeo) e Alberto Escobar (xefe de gabinete do eurodeputado Francisco MIllán Mon) qexplicarán as liñas principais desta proposta liderada pola Comisión Europea e o Parlamento Europeo e como pode afectar esta iniciativa ao día a día da mocidade europea, e polo tanto galega.
A charla irá seguida dunha mesa redonda na que os mozos e mozas poderán plantexar as súas dúbidas sobre o proxecto europeo e as iniciativas propostas desde Bruxelas, para que expertos na materia resolvan todas as inquedanzas dos estudantes. O resultado esperado deste debate é que as entidades que asistan sexan capaces de incluír estas inquietudes, opinións, visións e valores dos mozos no seu proceso de toma de decisións.
- Mesa de debate 3: Xuventude e oportunidades na UE
Por último, unha charla sobre as oportunidades da mocidade en materia de cultura, mobilidade, formación, prácticas e traballo na Unión Europea. Actores con experiencia nestes campos serán os encargados de pór sobre a mesa estas actividades, mostrando así o potencial moitas veces descoñecido do que gozan os mozos galegos. Pilar Tamerón de Xuventude, Covadonga López de EURES, representantes de Europe DIrect A Coruña e Lucía Castiñeiras, de Equipo Europa, presentarán máis iniciativas europeas co obxectivo de empoderar aos estudantes e demostrar a cantidade de oportunidades que teñen na Unión Europea.
Programa