Título a mostrar
Evento do Ano Europeo da Xuventude
Imagen
""

O pasado venres albergamos en Santiago un evento con motivo do día de Europa, no marco do nomeado Ano Europeo da Xuventude. O día de Europa celébrase cada 9 de maio, data que conmemora a Declaración Schuman, que foi a primeira proposta asinada para a colaboración política e económica en Europa e que se considera o inicio do que hoxe é a Unión Europea. 

 

No Evento do Ano Europeo da Xuventude quixemos dar voz aos mozos e mozas. Nel déronse a coñecer iniciativas e oportunidades que ofrece a UE para un futuro máis inclusivo, verde e dixital, seguido dun interesante debate co público. Consistiu en tres mesas de debate, ademáis da mesa de benvida que deu apertura ao acto.

 

O evento deu comezo cunha mesa na que contamos con representantes da USC, do Concello de Santiago, a Xunta de Galicia e, por suposto, ESN Santiago de Compostela. O punto en común de todas as intervencións foi a importancia da participación activa da mocidade nas accións e iniciativas da UE, poñendo en especial relevancia o programa Erasmus como motor da unión de valores que representa a UE.

 

Na primeira mesa de debate, sobre a xuventude e mobilidade internacional, contamos con representantes de todas as universidades galegas, así como da Universidade de Oviedo e de ESN España. Todas as universidades contan con sección de ESN, coa que existe un compromiso para fomentar a mobilidade internacional e garantizar a inclusividade dos estudantes, que permite a súa volta a internacionalización e enriquecemento da cultura local.

 

Continuou o debate cunha mesa sobre xuventude e institucións europeas, na que puidemos contar con eurodiputados dos tres principais partidos galegos, PP, PSOE e BNG. Unha mesa protagonizada polo debate co público, na que se resaltou o compromiso da UE cos problemas da mocidade.

 

A xornada rematou cunha mesa sobre as oportunidades na UE para a xuventude. Onde representantes da Cámara de Comercio, Equipo Europa e Europe Direct, entre outros, explicaron diferentes plataformas e opcións que ofrece a UE tanto para realizar un voluntariado como búsqueda de emprego.

  

Para rematar so cabe agradecer a todos os asistentes e ponentes que formaron parte desta xornada tan enriquecedora. Especial mención a todas as institucións que colaboraron connosco na organización deste evento: Europe Direct, a Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia, o Concello de Santiago e a USC.