Unha boa idea para desconectar é ir pasear polos numerosos parques que hai na cidade. Recomendámosche os seguintes:
Alameda
A Alameda está no centro da cidade, entre o Ensanche e a zona vella, e é parque máis representativo da cidade.
Belvís
Este espazo verde separa, o recinto histórico coas grandes edificacións do convento de Belvís e do Seminario Menor, constituíndo unha especie de ‘foso’ natural da cidade medieval. Desde a súa parte máis alta gózanse vistas singulares de toda a cidade.
Bonaval
O parque de Bonaval é un lugar moi amplo e recomendable para facer deporte ou tomar o sol.