Erasmus Student Network (ESN) é unha asociación sen ánimo de lucro fundada en 1989 para apoiar e desenvolver o intercambio de estudantes. Na actualidade, é unha das maiores asociacións interdisciplinarias de Europa e está presente en 525 institucións de educación superior de 40 países.
Os obxectivos de ESN son:
- Traballar polo interese dos estudantes internacionais.
- Mellorar a integración social e práctica dos estudantes internacionais.
- Representar as necesidades e dereitos dos estudantes internacionais a nivel local, nacional e internacional.
- Achegar información sobre os programas de mobilidade.
- Traballar na reintegración dos estudantes que volven aos seus países de orixe.
- Contribuír a mellorar e facilitar a mobilidade dos estudantes.
- Preocuparse polos seus voluntarios.
- Promove o voluntariado e a cidadanía activa.
Para iso, ESN traballa en tres niveles: Internacional, Nacional e Local. Ao nivel local pertence, por exemplo, ESN Santiago de Compostela, que realiza actividades para axudar á integración e mellorar a estancia dos estudantes estranxeiros da Universidade de Santiago de Compostela.
ESN traballa pola creación dunha contorna de traballo con máis mobilidade e máis flexible apoiando e desenvolvendo o intercambio de estudantes, e achegando un experiencia intercultural tamén para aqueles estudantes que non poden acceder a unha estancia no estranxeiro (“internacionalización en casa”)