ESN loita por moitas causas e, por eles, organiza diferentes actividades enfocadas a iso. Existen catro proxectos principales:
- Social Erasmus
- Erasmus in Schools,
- Mov’in Europe
- ExchangeAbility
Todos eles traballan pola defensa do medio ambiente, a loita contra a discriminación e a promoción da mobilidade internacional, a inclusión das persoas para gozar dunha mobilidade...
Vós, como Erasmus, podedes unirvos para axudar a que todo sexa mellor. Por exemplo, se te preocupa o medio ambiente, podes vir connosco a facer un hiking sostible. Faremos un roteiro e gozaremos da natureza, á vez que contribuímos a coidar a nosa contorna recollendo lixo. As paisaxes de Galicia non serían tan marabillosas se non fose porque persoas como nós mantémolas limpas.
Tamén organizamos visitas a escolas e facemos todo tipo de actividades cós nenos. Isto é moi importante para que os galegos máis pequenos vexan o bonito que é irse de Erasmus, e quen mellor que vós para contarllo en primeira persoa?
Ademais, colaboramos con asociacións como a Fundación ONCE, e facemos doazóns de sangue, visitas a residencias de anciáns, recollidas de alimentos...
A que esperas para achegar o teu grao de area?