Título a mostrar
Rosalía de Castro
Imagen
esn

Rosalía de Castro: breve introducción dunha novelista e poeta transgresora

“Muchas mujeres brillarían si no se alcanzase el hombre a cada paso, diciéndoles que al tomar la pluma usurpaban un derecho al que sólo ellos les está concedido. (...) El hombre español le permite a la mujer ser frívola, vana, aturdida, ligera, superficial, beata y coqueta, pero no le permite ser escritora.” (Flaquer 1877, p. 211)

Actualmente, unha das principais avenidas no centro da cidade e o aeroporto de Santiago de Compostela reciben o nome de Rosalía de Castro. Mesmo construíronse monumentos na súa honra. Isto débese a que Rosalía de Castro foi unha das principais responsables da eclosión cultural que supuxo o Rexurdimento galego. Previamente, Galicia pasara por varios séculos de inactividade literaria debido á imposición caciquil e as estruturas do Antigo Réxime que desprezaba o uso da lingua galega. A publicación Cantares gallegos (1863) de Rosalía de Castro deu comezo no século XIX ao renacer da literatura galega. 

As orixes dunha “alma atormentada” 

Un día coma hoxe, no ano 1837, nacía Rosalía de Castro nunha aldea próxima a Santiago de Compostela. Rexeitada polos seus pais ao nacer, ela de familia fidalga e el crego de profesión, Rosalía pasou a súa primeira infancia entre as vilas rurais de Ortoño e Padrón coas súas tías paternas. Alí viviu pasaxes que posteriormente lembrará con nostalxia nalgúns dos seus poemas. 

Semella que a nai de Rosalía se fixo cargo dela cando aínda era unha nena, e xuntas trasladáronse á cidade de Santiago de Compostela. Algunhas fontes aluden ao desexo da nai de que a súa filla recibise unha boa educación, inusual nas mulleres desa época. Lembremos que, naqueles intres, as mulleres sufrían unha gran marxinalidade nas súas actividades creativas e intelectuais con respecto aos homes. 

As súas circunstancias persoais, marcadas pola irregularidade da súa orixe, non só orixinaron un desconcerto na crítica, senón tamén un profundo sentimento de dor e soidade que a acompañará ao longo da súa vida e reflectirá nas súas obras. Esta dor axudaralle a sensibilizarse cos problemas das minorías, así como os milleiros de galegos que se viron obrigados a emigrar, o campesiñado, as mulleres abandonadas polos seus maridos -por mor de emigración ou morte- e a orfandade infantil.

Rosalía tamén tivo que emigrar a terras de castela, concretamente á cidade de Madrid. A súa estancia na capital coincide co auxe dos movementos nacionalistas e rexionalistas. Rosalía de Castro foi unha das principais responsables da eclosión cultural que supuxo o Rexurdimento galego. Previamente, Galicia pasara por varios séculos de inactividade literaria debido á imposición caciquil e as estruturas do Antigo Réxime que desprezaba o uso da lingua galega. 

Adiós ríos, adiós fontes

Adiós, regatos;

Pequenos;

Adiós, vista dos meus

Ollos,

Non sei cándo nos 

Veremos.

Miña terra, miña terra,

terra donde m’eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei.

(...)

Cantares Gallegos (1863) 

 

A publicación Cantares gallegos (1863) de Rosalía de Castro deu comezo no século XIX ao renacer da literatura galega. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase con motivo da data da edición da súa célebre obra Cantares gallegos.

Feminista na sombra

Descoñécese a formación e lecturas específicas de Rosalía de Castro. Sen embargo, sabemos que en Galicia houbo mulleres adicadas á literatura, especialmente de orixe popular e tradición oral, moitas delas pertencentes a familias acomodadas ou que apreciaban o acceso á educación -como Concepción Arenal e Emilia Pardo Bazán. Tamén houbo representantes do sexo masculino que defenderon as capacidades das mulleres, por exemplo Pai Benito Jerónimo Feijoo co seu texto En defensa de las mujeres. Posteriormente, no século XIX, xorde unha nova vertente liberal denominada krausismo, que apostaba pola instrucción das mulleres como medio para acadar o progreso da humanidade.

Un feito sen dúbida relevante na apoloxía de Rosalía de Castro foi cando, un ano despois de casar co tamén escritor Manuel Murguía, publica o primeiro manifesto feminista en Galicia baixo o título de “Lieders”. O artigo non só supuxo unha clara declaración de liberdade como creadora literaria, senón unha reivindicación da independencia das mulleres e unha defensa ante a presión social que as culpabiliza.

Sólo cantos de independencia y libertad han balbucido mis labios, aunque alrededor hubiese sentido, desde la cuna ya, el ruido de las cadenas que debían aprisionarme para siempre, porque el patrimonio de la mujer son los grillos de la esclavitud. Lieders (1858)

Na súa obra Las Literatas (1866) tamén evidencia as críticas dos homes, que rexeitaban a incorporación da muller na vida cultural. Constitúa outra reinvindicación literaria, froito da súa experiencia persoal, da capacidade intelectual da muller. Este feminismo tamén se verá reflictido na súa poesía de corte máis intimista como en Follas Novas (1880).

En definitiva, Rosalía de Castro demostrou ser unha muller combativa e feminista a través da literatura, precursora na defensa da interseccionalidade da muller galega da sociedade rural no século XIX.

Referencias bibliográficas

Fundación Rosalía de Castro. (s.f). A vida de Rosalía. https://rosalia.gal/rosalia/biografia/ 

García Negro, M. P.  (2008). Rosalía de Castro: una feminista en la sombra. Universidade da Coruña.

González Liaño, I. (2007). Socioloxía das literatas na Galicia do Rexurdimento. A singularidade do pensamento feminista de Rosalía de Castro. Acts do VII Congreso Internacional de Estudos Galegos. Mulleres en Galicia. Sada: Edicións do Castro.

Mayoral, M. (s.f). Biografía de Rosalía de Castro. Instituto Cervantes. http://www.cervantesvirtual.com/portales/rosalia_de_castro/autora_biografia/#nacimiento