Buscar piso en Santiago
Para buscar piso, recomendámosche:
- Webs: Idealista, Milanuncios
- Web da uni: "taboleiro anuncios USC"
- Instagram: @salseo_usc (nas historias destacadas ten unha ligazón a un grupo de WhatsApp de xente que busca piso)
- Instagram: @becario.usc (a primeira publicación fixada, nos comentarios)
Os prezos normais son duns 200-350 euros/mes, dependendo da zona (o centro adoita ser máis caro que campus norte).
Agora en maio empezarán a haber máis ofertas, xa que é cando a xente empeza a decidir se queda ou marcha. E como sempre, tede coidado coas estafas (por exemplo, podedes pedir videochamada se ninguén pode visitalo por vós).
Sorte coa busca 🍀
